Curso UIMP

PROGRAMA DE CURSO DE VERAN 2007 UIMP
26/27/28 SETEMBRO ENCONTRO:
PATRIMONIO E TURISMO. A CONSERVACION
NOVOS PATRIMONIOS, NOVOS CONCEPTOS, NOVOS USOS.
MARIO CRECENTE. ARQUITECTO. Director. Tel: 981 141 282

Fai agora un século nacía en España, o contacto entre Turismo e Patrimonio coa Comisaria Regia de Turismo, da man do Marques da Vega Inclán. Os primeiros esforzos de promoción turística, no escomenzo do século XX veñen da man dos recursos culturais, coa creacion dos museos de Cervantes, El Greco, ou do Museo Romántico. O marqués e tamén o “inventor” dos Paradores de Turismo, logo dunha viaxe polas misión xeuíticas nos estados Unidos de América.

Dende o códice calixtino, o “grand tour” da aristocracia británica, ata o descubrimento alemán das culturas clásicas romana e grega, partimos da relación o longo do tempo, entre patrimonio cultural e turismo, da súa evolución coetánea, e dos conflictos e oportunidades que iso provoca, especialmente nos nosos días. 800 millóns de turistas, e 800.000 M$, o turismo é hoxe a primeira industria mundial, e en Europa multiplicouse por dez en cincuenta anos, converténdonos en primeiros emisores e receptores.

Esta relación provoca intervencións nos recursos patrimoniais, sexa para a súa conservación restauración ou presentación, sexa para a súa adaptación a usos turísticos, en calquera caso, a financiación que o patrimonio precisa para a súa rehabilitación, e o seu mantemento e conservación.

Nos últimos anos podemos considerar a Galicia como un pais turístico, en tanto recibe máis turistas que residentes alberga, cando menos segundo as estatísticas oficiais así sería, con cifras superiores a Brasil, India ou Exipto. Inmersos nunha xeira entre dous xacobeos, e cun novo goberno a fronte da súa xestión, xurde a necesidade dunha reflexión e redefinición do modelo.

Galicia e para nós un concepto patrimonial suma de valores culturais, territoriais e inmateriais, fondamente interrelacionados, nos que as expectativas do turismo plantexan oportunidades e riscos. Pero os modelos turísticos e os conceptos patrimoniais están mudando e tamén a relación entreles, por iso plantexamos este curso.

A idea deste curso, primeiro dunha triloxía sobre Patrimonio e Turismo, é poñer de manifesto a existencia en Galicia doutros patrimonios, e dunha realidade máis complexa e rica que o tópico de “curas e labregos” (Villares dixit). Tamén da necesidade dunha lectura conxunta do natural e o cultural, do material e o inmaterial, con barreiras moi difusas en Galicia, non só na creación dos obxectos, como na súa relación coa contorna, e na interpretación co paso do tempo. ( O “heritage” anglosaxón)

Sabemos que unha ampliación das ópticas tradicionais, do que se entende por patrimonio, pódenos poñer na diatriba, de so declarar o que se poida conservar, ou o contrario declarar so o que sexa turístico; pero tamén e certo que unha visión integrada aporta valor o noso territorio. Nesta lectura dunha paisaxe máis rica e complexa, xurden necesidades de conservación, que dificilmente se poden abordar cos presupostos públicos e privados dos que hoxe dispoñemos, e para os que o turismo pode aportar unha relevante axuda.
O turismo, e un fenómeno ambivalente, (eu viaxeiro, os demáis turistas), que crea riscos e oportunidades que deben ser xestionadas dende a orixe da declaración, para non poñer en perigo a conservación do Ben. Ese Turismo que manexa importantes cantidades para promoción, pero seguramente escasas para a conservación do seu principal recurso, cantidades que puideran ser o tempo conservación e promoción, e da que se deberan esperar novos modelos ( Catedral de Vitoria).

Pero os viaxeiros hoxe presentan novos perfís, que son tamén un reto e unha esperanza de novos modelos de relación co patrimonio, e especialmente co que lles é alleo, abrindo un abano de enorme interese para novos patrimonios, novos conceptos, e novos usos.

Dada a celebración neste ano 2007 do Ano San Rosendo, como fenómeno relixioso, cultural e turístico, no medio de dous xacobeos, e froito da programación do novo goberno galego, plantexamos Celanova como sede.

Se estimamos que a xestión e manexo turístico do patrimonio afecta a mais de 40 sectores, así noso achegamento o problema deberan ser multidisciplinar. Investigadores, profesionais, empresas, funcionarios, comunicadores, tódolos axentes que interveñen no proceso de socialización do patrimonio tiveron cabida como poñentes.

Entre eles, conferencias de Felipe Arias Vilas, D. Xeral de Patrimonio, Xosé Benito Reza Rodríguez. D. X. de Conservación da natureza, ou, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín. Tamén Dionisio Pereira historiador, que falou do patrimonio marítimo en Galicia, ou Rafael Crecente Maseda. Doutor enxeñeiro Agrónomo, director do Laborate USC, sobre Novos modelos de valoración do medio natural.

O mércores outros poñentes Moderados por Ignacio Rodríguez Iglesias, xornalista, secretario do consello social UdV, presentaban: SONNE: alemáns na terra chá, por Jerónimo Lozano, Profesor da Universidade de Oviedo; A cadea modelo de Lugo, última testemuña dunha época, por Alberte González e Jorge Salvador, arquitectos; As Fortezas transfronteirizas con Portugal, da guerra a paz, por Manuel Vecoña Pérez, arquitecto. D.X. Patrimonio Cultural; ou Rapa das Bestas de Sabucedo, patrimonio inmaterial, por Manuel Cabada, Universidade Complutense, Madrid.

O xoves moderados por Cristóbal Ramírez, xornalista, presentáronse: Patrimonio musical e roteiros turísticos, por Richard Rivera Armero, da editorial Ouvirmos; Patrimonio termal, Ourense, das ninfas as fontes polo Doutor Luís Rodríguez Míguez; As carballeiras de Galicia, por Amparo Casares Gallego, doutora arquitecta, e Profesora ETSA, UdC; e Os humedais. Patrimonio natural, por Pablo Ramil, doutor en Bioloxía e director do Ibader da USC.

As conferencias remataron con Celanova cun Paseo po-la historia e Galicia, guiados por Antón Piñeiro Asesor Cultura. Concello de Celanova, visitando a Casa dos Poetas, Castromao, e o Mosteiro de San Salvador de Celanova, no que se puido ver en primicia a Exposición Rudesindus montada o redor do tesouro de San Rosendo, e a documentación entorno a súa Figura, entre outros unha manda do século XII, no que se escomenza a súa canonización e que se atopa en Harlem, Nova Iorque, na Hispanic Society, creada por Archer Milton Huntintong, amigo do Marques da Vega Inclán, e voltamos o inicio, Turismo e Patrimonio, parexa de feito dende moito tempo.



   

 

Crecente Asociados.
Nardos 2 . 15008 . A Coruña.
T.(+034)981141282