| |
O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Guitiriz
O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Guitiriz, representa unha aposta por compatibilizar a Ordenación Territorial con unha Visión Estratéxica, orientada a posta en valor dos recursos do seu territorio, a creación de riqueza e emprego, e a fixación da poboación.
Trátase de elaborar un Planeamento que ademais de dar resposta as necesidades dos cidadáns, da súa calidade de vida, da oferta de servizos públicos, de vivendas e equipamentos, poña en xogo toda-las posibilidades do seu territorio, con especial atención a un desenvolvemento planificado a partires dos seus patrimonios.
Así a centralidade de Guitiriz, as novas autovías, o ferrocarril, e incluso un aeródromo, permítenlle unha excepcional accesibilidade, xa confirmada o longo da historia como cruce de camiños, dende roma a actualidade, como Vila Central.
A “pedra azul” o granito de parga, nas súas diversas canteiras, do seu emprego tradicional as novas utilizacións, e na calidade da construccións dos núcleos rurais, con formando unha auténtica Vila de Pedra.
As augas minerais dos balnearios, e das diversas fontes hoxe inutilizadas, os mais dun cento de couces, por riba dos 650 kms de cursos fluviais, representan un recurso de primeira magnitude, para o futuro do Concello como Vila Termal.
Partindo destes recursos, o PXOM plantexase como obxectivo compatibilizar a conservación do medio natural e cultural, co deseño de propostas de futuro que permitan un desenvolvemento sostible.
O abeiro do PXOM e do Plan Estratéxico, levanse a cabo unha serie de proxectos de activación dos recursos do concello, entre os que destacamos, o PROXECTO RIOS E FONTES, que pretende a conservacion, e restauracion dos recursos hídricos, tanto na rede de couces, como no grande número de mananciais esixtentes, apoiandose na ROTA DA AUGA, como instrumento de divulgacion e conciencaición social.
Como desenvolvemento deste proxecto, destacamos o protocolo firmado este ano coa Confederación Hidrográfica del Norte, para delimitar unha rede de Corredores Fluiviais, protexelos urbanísticamente, e proceder a sua restauracion e mellora ambiental.
|