Estudo desenvolvemento turístico Terra das Mariñas
Xardinería histórica


A idea de crear un libro sobre xardinería histórica xorde do ESTUDO DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO TERRA DAS MARIÑAS, desenvolvido pola nosa empresa no ano 2004, onde tras unha análise pormenorizada do medio apreciamos os valores paisaxísticos dos xardíns dos pazos da comarca de Terra das Mariñas, como un recurso que posibilita a creación dun produto cultural que conxuga o valor patrimonial das construcións pacegas e a composición arquitectónica dos seus xardíns.

Estes xardíns atópanse en todos os municipios da comarca, están identificados plenamente co territorio, onde o condicionante climático, a altitude, a presenza do mar e a intervención humana conforman unha gran diversidade na composición da xardinería pacega das Mariñas. Ademais atopamos outras mostras de xardinería histórica en xardíns públicos e chalés.

Para poder crear un produto turístico cultural contorna á xardinería, creamos unha serie de propostas onde a edición dun libro é a base principal, posto que recompila por primeira vez os xardíns da comarca co dobre obxecto de coñecer o recurso da man de Jesús Anxo Sánchez García, autor da publicación e divulgar os aspectos históricos e artísticos dos xardíns “mariñáns”.

O libro publicase grazas ao apoio do Grupo de Acción Local Terra das Mariñas e a Fundación Juana de Vega. A partir do libro crearemos unha guía turística, que xunto á publicación esperamos se presenten en FITUR 2008.



   

 

Crecente Asociados.
Nardos 2 . 15008 . A Coruña.
T.(+034)981141282