trabajos

Proxecto de Urbanización da Área de Intervención ai07.

Ámbito de actuación: Ourense

Cliente: Concello de Ourense

Temática: Básico y de Ejecución. Proxecto de Urbanización

Descripción:

 

O obxecto da area de Intervención AI7 sinalada no Plan Especial de protección do b.i.c. con categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das burgas e o seu contorno delimitado, e o acondicionamento do maltratado couce do río Barbaña e o seu entorno, e a integración na contorna.

Partindo das referencias físicas e históricas da área de intervención, propoñemos un PASEO TERMAL  que conectará de forma peonil as dúas principais áreas termais da cidade: As Burgas e o seu entorno no que se proxectan Centros Termais, Hoteis, e servizos; co couce do Río Miño, o Miño termal, coas súas diversas ofertas: Chavasqueira, Bouvette, Pozas, ata a Outariz, e no que tamén están proxectados novos equipamentos e hoteis termais, conectados ademais por un Boulevard termal e a accesibilidade da nova estación do ferrocarril de alta velocidade.

Recualificamos o espazo, retomando a toponimia orixinal ANABAR, e sobre unha  tipografía derivada do modulor corbusiano, organizamos unha serie de carácteres escultóricos, distribuídos o longo do novo paseo termal, e no que as “A” serán fontes de auga termal ( e incluso o Lavadorio reubicado do mercado), que confrontan a súa textura impoluta de aceiro inoxidábel, coa textura ferruxenta do aceiro corten do resto dos carácteres.

Realizamos este traballo en colaboración con Manuel Seoane Feijoo Arquitecto,  Celso Rodríguez Cao Arqueólogo, e Marta Rodríguez Vázquez Arquitecta, e a equipa de Crecente asociados. 

Volver al listado