trabajos

PLAN ESTRATÉXICO OURENSE PROVINCIA TERMAL

Ámbito de actuación: OURENSE

Cliente: Deputación Provincial de Ourense - Axencia Turismo de Galicia

Temática: Planificación. Termalismo.

Descripción:

O pasado 4 de Febreiro de 2014 presentouse no Teatro Principal de Ourense o Estudo: Ourense Provincia Termal, realizado por Crecente Asociados tralo encargo da Axencia Turismo de Galicia, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense.

O documento estruturase en tres tomos, un primeiro de Diagnose, o segundo o Plan Director que recolle en cinco liñas estratéxicas, 94 propostas, e un terceiro tomo, de Anexos no que se recollen informes sectoriais, inventarios, referencias, e programas.

O estudo ten como obxecto principal a posta en valor dos inxentes recursos termais da provincia, con máis de 57 focos, e 7 Millóns de litros de auga termal o día,  que converten o termalismo en posible fonte de desenvolvemento turístico e socioeconómico ourensán.

Parte dunha análise en profundidade da realidade do sector, nun inventario detallado do seu patrimonio balneario, incorpora os cualificados axentes termais ourensáns, e os produtos turísticos existentes, para facer unha diagnose do estado actual.

Avalía o esceario termal a escala estatal, europea, e mundial, realiza entrevistas cualificadas a máis de 50 persoas termais da provincia, en sesións individualizadas, ou en mesas sectoriais: de Balnearios e augas envasadas, ou cos innovadores/as termais.

Estúdanse os principais destinos e produtos competidores en España e Portugal, e tomase o pulso do sector a través das feiras e encontros sectoriais, en España e Europa, e das organizacións nas que se articula o sector  Agpb, Anbal, é Espa.  

En base a tódolos traballos anteditos, e como froito dese traballo multidisciplinar, e da participación dos diversos axentes, presentase como conclusión unha análise de puntos fríos, versión termal das debilidades e ameazas, puntos quentes representando as fortalezas e oportunidades,a partir dos cales se definen as liñas estratéxicas seguintes:

  1. Lexislación, planificación, e  xestión integrada que acolla a tódolos axentes, e ordene a cooperación publico privada.
  2. Mellora, diversificación e creación de infraestruturas termais que caractericen ao destino, adaptándoas o seu entorno, e contemplando as súas accesibilidades.
  3. Deseño e integración de produtos turísticos de base termal, enfocados aos diversos segmentos de demanda, e outros novos como o corporativo ou senior.
  4. Cultura, innovación, investigación e desenvolvemento termal. 
  5. Marca, imaxe, comercialización, e participación en redes.
Volver al listado