Estudo

Arquitectura, Patrimonio e Turismo

Crecente Asociados é unha oficina creada no ano 2000 por Mario Crecente Maseda, Dr. Arquitecto, partindo dunha experiencia previa en administración nos campos de Patrimonio, Urbanismo e Turismo.

Actuamos dende unha óptica arquitectónica, abordando a activación dos máis diversos Patrimonios, a través dun Turismo responsable, creativo e planificado.

Traballamos a diferentes escalas, dende a Consultoría, a Planificación e os Proxectos, que se desenvolven nas súas diversas fases ata a súa execución e dirección de obra.

Sentimos especial interese polo Patrimonio Balneario e o Turismo Termal, nos que desenvolvemos un amplo abano de propostas.

O equipo base da empresa está formado por Arquitectos e técnicos en Turismo, contando con colaboradores estables nos campos patrimonial, ordenación do territorio, medio ambiente, deseño e xurídico.