Novas > "12 DE OUTUBRO 18. THERMAL HERITAGE DAY". Celebración do patrimonio termal europeo.

"12 DE OUTUBRO 18. THERMAL HERITAGE DAY". Celebración do patrimonio termal europeo.

O 12 de outubro celebrouse no hotel Gellert de Budapest, o Thermal Heritage Day. O evento estivo organizado polo Comité Científico de  EHTTA (European Historic Thermal Towns Association), do cal Mario Crecente é Vicepresidente, e contou co apoio de Budapest Spas e Danubius  Hotels.

Na  inauguración do evento participaron o comisario Europeo de Educación, Cultura, Mocidade e Deporte, Tibor  Navracsics, xunto co primeiro Vicealcalde de  Budapest,  Gábor Bagdy e os Vicepresidentes de  EHTTA,  Bernard  Kadjzan ( Vichy) e Manuel Baltar (Provincia de Ourense).

Apoiando o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, o programa incluíu conferencias sobre diversos proxectos, como a candidatura ao Patrimonio Mundial de "Great Spas of Europe" (a cargo de  Paul  Simons) ou o proxecto “thermal heritage of Europe atlas” (presentado por Mario Crecente). Asímesmo,  László  Szőke analizou a cultura dos baños en  Budapest e Mihaly Vasony revisou a historia de  Géllert desde a súa fundación.

Para finalizar tivo lugar a mesa redonda "Patrimonio termal e futuro" na que colaboraron tres representantes das novas xeracións, Silvia G. Soutelo (arqueóloga), Anne- Kathrin Liehr (especialista en mercado) e  Eszter  Pulay (subdirectora de  Gellért Spa).

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais