Novas > 900 anos de Ribeira Sacra

900 anos de Ribeira Sacra

O 21 de agosto de 2024 o mosteiro de Santa María de Montederramo acolleu a celebración do 900 aniversario da primeira referencia documental a Ribeira Sacra, o documento da raíña Teresa de Portugal no que se doa ao Mosteiro de Montederramo o lugar de “Rovoyra Sacrata”.

Organizado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, o acto contou con representantes de diversas entidades, públicas e privadas, así como da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, impulsora da candidatura a Patrimonio Mundial de Ribeira Sacra, e de Mario Crecente, coordinador da mesma.

Durante o acto fíxose un repaso das actuacións desenvolvidas na paisaxe cultural nos últimos anos, presentáronse os próximos pasos da candidatura e deuse conta do proceso participativo que se está levando a cabo. Así mesmo, os asistentes puideron desfrutar da lectura do texto “Montederramo, 900 agostos despois”, elaborado por José Miguel Andrade Cernadas, catedrático de Historia Medieval da USC.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais