Novas > "Acciones de Mejora del Camino Inglés": instalación de sinais interactivas

Proyectos

"Acciones de Mejora del Camino Inglés": instalación de sinais interactivas

O proxecto "Acciones de Mejora del Camino Inglés" (Accións de mellora do Camiño Inglés) chegou a termo coa instalación de 54 sinais interactivas que mostrarán ao peregrino as singularidades do Patrimonio Natural e Cultural que encontrará ao seu paso.

A través do seu teléfono intelixente, o usuario poderá acceder aos contidos por tres vías: mediante a lectura do código QR, facendo uso da tecnoloxía NFC ou introducindo manualmente a ligazón web de cada contido. Ademais do acceso á información detallada e a imaxes sobre cada recurso sinalizado, a plataforma interactiva permite que o usuario identifique outros puntos de interese no seu contorno e visualice o trazado do Camiño.

Compartimos algunhas imaxes da instalación das sinais e animámosvos a que peregrinedes a Santiago de Compostela polo Camiño Inglés, ruta seguida tradicionalmente polos peregrinos que chegaban en barco ás costas da provincia coruñesa e que hoxe ten como puntos de inicio as cidades de Ferrol e A Coruña.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais