Ámbito de actuación: Camiño Inglés
Cliente: Deputación Provincial da Coruña
Temática: Medio Ambiente, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías
Descrición:
O proxecto "Accións de mellora do Camiño Inglés" enmárcase dentro dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Deputación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Tras unha primeira fase de documentación, estudo de gabinete e análise do contorno, o equipo de Crecente Asociados realizou un intenso traballo de participación e de recoñecemento do territorio, para o que especialistas de diversas áreas percorreron o Camiño Inglés, dende as súas dúas variantes de inicio: Ferrol e A Coruña.
Os resultados dos traballos agruparanse en tres tipos de accións de mellora: A. Recuperación de espazos naturais degradados e accións de sensibilización social para a promoción dun Camiño sostible.B. Mellora da accesibilidade nas distintas etapas e programas para a eliminación de barreiras arquitectónicas nos distintos albergues. C. Emprego das novas tecnoloxías da información mediante contidos informativos situados en puntos estratéxicos do Camiño a través dunha plataforma interactiva que envíe información ao teléfono intelixente do peregrino.