Acondicionamento do Cabido para Sala de Interpretación do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro en Ares (A Coruña)
Ámbito de actuación: Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro
Cliente: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Temática: Rehabilitación.
Descrición:
En decembro de 2018 finalizaron as obras de acondicionamento do Cabido do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro para albergar a Sala de Interpretación do conxunto, que se coñecerá como “Cabido de Montefaro”.
O proxecto básico e de execución foi realizado polo noso equipo para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Partindo dun orzamento axustado, ca intervención quíxose recuperar a configuración orixinal de acceso ao templo, cun cabido previo á nave, así como dispor unha exposición de pezas escultóricas e arquitectónicas que forman parte da orixinal portada románica.
A actuación permitirá comprender a Igrexa dende a súa orixe medieval, á reforma barroca, ata a reforma militar de finais do século XIX – principios do século XX. Recupérase por tanto o acceso pola porta orixinal da igrexa, faise accesible a entrada e recupéranse materiais escultóricos, que agora se presentan nun moble expositor ou en peana, como o xabaril que se atopaba no exterior.
A intervención complétase cunha iluminación que recrea a bóveda de crucería orixinal, paneis explicativos e diversas labores de conservación en murais e retablo.
Esperamos que a actuación proxectada sirva para que o visitante comprenda mellor a historia do lugar, a evolución da igrexa desde a súa orixe medieval ata a reforma militar de finais do século XIX – principios do século XX e poda observar algunhas das pezas que compoñían a antiga portada románica.