Proxectos > Adecuación da casa reitoral de San Martiño de Mondoñedo (Foz)

Adecuación da casa reitoral de San Martiño de Mondoñedo (Foz)

Ámbito de actuación: Casa reitoral de San Martiño de Mondoñedo (Foz)

Cliente: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Temática: Rehabilitación. Dirección de obra. Musealización.

Descrición:

Por encargo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Crecente Asociados redactou en 2016 o Proxecto Básico e de Execución das obras de adecuación da casa reitoral de San Martiño de Mondoñedo.

Tras a aprobación do proxecto, o noso equipo foi tamén o responsable da dirección de obra, executada entre xullo de 2017 e abril de 2018 pola empresa construtora Abal. O obxecto da actuación foi a posta en servizo da casa reitoral para convertela en museo/centro de interpretación da basílica de San Martiño, declarada BIC en 1931.

Tras a finalización das obras, diriximos a fase de museografía, na que colaboraron Pepe Barro como museógrafo, Rey de Oros como historiadores-documentalistas e Sebastián Rodríguez como executor da musealización.

Os traballos realizados servirán agora para descubrir a historia da que se coñece popularmente como “a catedral máis antiga de España”. Un dos conxuntos máis singulares da arte medieval galega, no que se entrelazan realidade e lenda.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais