Novas > Arquitectura da auga. A situación patrimonial dos balnearios en Galicia

Arquitectura da auga. A situación patrimonial dos balnearios en Galicia

O 13 de xullo Mario Crecente participou no encontro "Arquitectura da auga. A situación patrimonial dos balnearios en Galicia", organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, e celebrado na sala de Cultura do Concello de Mondariz Balneario.

Durante a súa participación, Mario Crecente presentou o relatorio "O Balneario de Lugo, un proxecto de recuperación e posta en valor dun complexo asentado nas termas romanas de Lucus Augusti", no que fixo un repaso polos contidos do Plan Director do Balneario de Lugo, as obras de intervención, e os traballos de investigación que deron pé á publicación do libro “2000 años del Balneario de Lugo”.

No seguinte vídeo podedes visualizar o contido íntegro da conferencia.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais