Novas > Asemblea Xeral de EHTTA en Ourense

Asemblea Xeral de EHTTA en Ourense

Entre o 3 e o 5 de outubro tivo lugar en Ourense, capital termal de Galicia, a Asemblea Xeral de outono da European Historic Thermal Towns Assocation (EHTTA), que reuniu a 40 delegados de toda Europa e na que Caldes de Montbui e Pamukkale foron presentados como novos membros da Asociación.

Os actos programados deron comezo no Teatro Principal, coa celebración do Café de Europa "A outra cara da auga: estratexias de sostiblidade en destinos termais", no que Mario Crecente presentou as accións do Plan Ourense Provincia Termal relacionadas coa temática do seminario e os seus resultados.

Ademais de decisións operativas, financeiras e de comunicación, a Asemblea serviu para ultimar os detalles do evento Thermal Heritage Day que a Asociación celebra o 12 de outubro no Hotel Gellért (Budapest), co apoio de Budapest Spas e Danubius Hotels. Do mesmo xeito, o Comité Científico mantivo unha produtiva reunión na que se definiron os pasos futuros para o desenvolvemento do proxecto Thermal Heritage of Europe Atlas.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais