Novas > Asistencia técnica á Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía

Asistencia técnica á Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía

Crecente Asociados levou a cabo a asistencia técnica para a xerencia da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, composto polos municipios de Ames, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Negreira e Santiago de Compostela. O resultado foi a execución do  plan de actuación deseñado pola Asociación co obxectivo de promover este itinerario de peregrinación e mellorar a calidade, competitividade e actividades turísticas en 2022.

Entre as accións levadas a cabo atópanse un ciclo de conferencias celebrado no Museo do Pobo Galego e que contou coa participación de Manuel Castiñeiras, Presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago; Antón Pombo, historiador e xornalista especializado no Camiño de Santiago; Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; e Pepe Barro, creador da nova marca para este Camiño. As conclusións deste ciclo de conferencias foron a base para o deseño dunha exposición itinerante que pon o acento nos valores deste Camiño e en torno á que xirou o gran evento celebrado en Fisterra o 30 de decembro.

Asemade, o plan completouse con outras accións en materia de formación, adhesión a marcas de calidade, presentación a touroperadores, estudo do perfil do peregrino, proposta dun sistema de cómputo de peregrinos, deseño de experiencias turísticas e distintas accións en materia de promoción e comunicación. Para coñecer máis sobre este Camiño e a Asociación convidámosvos a visitar a web ateofin.gal

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais