Novas > Auga Doce: Cando a auga é arte

Investigación

Auga Doce: Cando a auga é arte

Auga Doce: Cando a auga é arte

Ata o 14 de setembro podedes visitar a exposición Auga Doce no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Un total de 700 obras que convidan a reflexionar sobre o valor da auga como elemento definidor da paisaxe, da cultura e da vida.

Mario Crecente colabora con esta iniciativa cedendo diversas pezas da súa colección persoal e aportando a súa propia visión da relación entre auga e territorio co ensaio “Paisaxes de auga: Doce paisaxes doces”, no que explora unha ducia de tipoloxías de paisaxes galegas, referencia das paisaxes de auga no mundo.

Animámosvos a que vos sumerxades na exposición Auga Doce, unha homenaxe aos recursos hídricos que, desde un rincón do Finisterrae galego amosa ao mundo que a auga tamén é arte.

 

O ensaio pode descargarse no apartado “Adjuntos”.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais