Novas > Comezo das obras de acondicionamento do Cabido para Sala de Interpretación do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro en Ares (A Coruña)

Comezo das obras de acondicionamento do Cabido para Sala de Interpretación do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro en Ares (A Coruña)

No mes de setembro deron comezo as obras de acondicionamento do Cabido do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro  para albergar a Sala de Interpretación do conxunto.

O proxecto básico e de execución foi realizado polo noso equipo para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Partindo dun orzamento axustado, ca intervención quíxose recuperar a configuración orixinal de acceso ao templo, cun cabido previo á nave, ao tempo que se disporá unha exposición de pezas escultóricas e arquitectónicas que forman parte da orixinal portada gótica.

A actuación permitirá comprender a Igrexa dende a súa orixe gótica, á reforma barroca, ata a reforma militar de finais do século XIX – principios do século XX. 

Recupérase por tanto o acceso pola porta orixinal da igrexa, faise accesible a entrada e recupéranse materiais escultóricos, que agora se presentan nun moble expositor ou en peana, como o xabaril que hoxe se atopa no exterior.

A intervención complétase cunha iluminación que recrea a bóveda de crucería orixinal, paneis explicativos e diversas labores de conservación en murais e retablo.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais