Novas > Comité Executivo de EHTTA en Bruxelas

Comité Executivo de EHTTA en Bruxelas

O 25 de Xuño celebrouse en Bruxelas a reunión do Comité Executivo de EHTTA, o órgano encargado dos asuntos relacionados coa xestión e da aplicación das decisións adoptadas pola Asemblea.

Mario Crecente, como vicepresidente do Comité Científico de EHTTA, asistiu ó evento e participou nos debates sobre os novos membros da rede, as candidaturas en curso, os eventos programados para 2019 e a estratexia futura para a Asociación, que este ano celebra o seu décimo aniversario.

Os resultados da reunión compartiranse con todos os membros de EHTTA na próxima Asemblea Xeral que se celebrará en Spa en Outubro. Inmediatamente despois da reunión, celebrarase a segunda edición do Día do Patrimonio Termal Europeo. Ampliaremos a información sobre este evento nas próximas semanas, tan pronto como se defina o programa.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais