Novas > Comité Executivo de EHTTA en Wiesbaden

Comité Executivo de EHTTA en Wiesbaden

O pasado 3 de agosto celebrouse  en Wiesbaden a reunión do Comité Executivo de EHTTA. Este organismo reúnese ao menos dúas veces ao ano para abordar cuestións relacionadas coa xestión e aplicación das decisións tomadas pola Asemblea Xeral.

Mario Crecente, como Vicepresidente do Comité Científico de EHTTA asistiu a este evento e participou no debate sobre a estratexia futura para a asociación, as características das novas cidades candidatas e os próximos pasos para o "thermal heritage of europe atlas", entre outros asuntos.

Os resultados desta reunión serán compartidos co resto de membros da asociación na próxima Asemblea Xeral, que terá lugar en Ourense entre o 3 e o 5 de outubro.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais