Novas > Conferencia do Deán da Catedral de Santiago, D. Segundo Pérez, en San Martiño de Mondoñedo (Foz)

Conferencia do Deán da Catedral de Santiago, D. Segundo Pérez, en San Martiño de Mondoñedo (Foz)

O 2 de novembro, o Deán da Catedral de Santiago, D. Segundo Pérez, impartiu a conferencia "San Martiño en San Martiño" no salón de actos do centro de interpretación de San Martiño de Mondoñedo (Foz).

A sesión, organizada por Crecente Asociados, é a cuarta do ciclo de conferencias desenvolvido co obxectivo de profundar na historia do monumento desde diversas ópticas. Nesta ocasión D. Segundo Pérez falounos de San Rosendo e sobre as figuras de San Martín de Tours e San Martiño de Dumio, e  a súa conexión coa advocación do templo da parroquia.

O venres 30 de novembro ás 18:00 h está prevista unha nova presentación, a cargo do arquitecto Ignacio López de Rego.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais