Novas > Conferencia do profesor Manuel Castiñeiras en San Martiño de Mondoñedo (Foz)

Conferencia do profesor Manuel Castiñeiras en San Martiño de Mondoñedo (Foz)

O 22 de xuño, o profesor de arte medieval Manuel Castiñeiras impartiu a conferencia "San Martiño de Mondoñedo, un monumento singular da arte medieval galega", seguida dunha visita guiada ao templo.

A sesión do profesor Castiñeiras, organizada por Crecente Asociados, foi a primeira dun ciclo que ten por obxecto afondar na historia do monumento desde diversas disciplinas e que se estenderá ao longo dos próximos meses. O 27 de xullo está prevista a conferencia-obradoiro "Restauración das pinturas murais de San Mariño", a cargo de Blanca Besteiro, licenciada en Belas Artes e responsable da restauración dos murais.

Ao igual que na ocasión anterior, a sesión terá lugar no Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo (Foz), recentemente inaugurado e cuxas obras de adecuación estiveron dirixidas por Crecente Asociados.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais