Novas > Conferencia dos arqueólogos Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao en San Martiño de Mondoñedo (Foz)

Conferencia dos arqueólogos Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao en San Martiño de Mondoñedo (Foz)

O venres 28 de setembro os arqueólogos Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao impartiron a conferencia "Novas aportacións para o estudo da necrópole medieval da Basílica de San Martiño de Mondoñedo" no salón de actos do Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo (Foz).

Durante a súa exposición, Luis e Celso fixeron un repaso das excavacións arqueolóxicas realizadas no lugar e dos resultados das mesmas. Ao remate, estableceron un coloquio co público no que deron resposta ás consultas dos asistentes.

A sesión foi a terceira do ciclo organizado por Crecente Asociados para afondar na historia do monumento. A próxima xornada celebrarase o 2 de novembro ás 19:00 horas e contará coa participación do Deán da Catedral de Santiago,  D.Segundo Pérez.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais