Novas > Conferencia final do proxecto The European Spa

Conferencia final do proxecto The European Spa

Financiado pola iniciativa  Humanities  in  the  European  Research Area ( HERA), o proxecto  The  European Spa as a  Transnational  Public  Space  and Social  Metaphor (www.theeuropeanspa.eu/) investiga como o balneario europeo, coas súas características instalacións (como o  Kurpark, o gran hotel ou o sanatorio), tense convertido nun xenuíno espazo público transnacional.

Tras traballar no proxecto desde maio de 2019, a conferencia académica final celebrouse en Pula /  Brijuni  Island (Croacia) do 2 ao 4 de xuño de 2022. Mario Crecente, como presidente do Comité Científico da European Historic Thermal Towns Association participou no evento para presentar o caso de EHTTA.

Durante a súa intervención, Mario falou especialmente do proxecto estrela do Comité Científico de  EHTTA, the  Thermal Heritage of Europe Atlas, e da serie de eventos que organiza anualmente o Comité Científico, como son o Día Europeo do Patrimonio Termal ou o Café de Europa. Ademais, presentou o Congreso Internacional de Turismo Termal que se celebrará en Ourense os días 27 e 28 de setembro: https://thethermalcongress.com/

Felicitamos aos anfitrións pola marabillosa organización do evento, así como aos relatores e alumnos polo seu gran traballo.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais