Novas > Conferencia "Restauración do Castello de Pambre" na Real Academia Galega de Belas Artes

Formación

Conferencia "Restauración do Castello de Pambre" na Real Academia Galega de Belas Artes

O pasado 13 de xuño os arquitectos Mario Crecente e Jorge Salvador, impartiron  a conferencia “RESTAURACIÓN DO CASTELO DE PAMBRE (LUGO)”, no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes, dentro do ciclo “MARTES DAS ARTES”.

Durante a conferencia, presidida  polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe D. Xurxo Lobato Sánchez, Mario Crecente e Jorge Salvador fixeron un repaso polo proxecto e obra de rehabilitación do Castelo de Pambre, que tras o remate das actuacións, atópase xa aberto ao público desde setembro de 2016.

Na quenda de debate, os arquitectos compartiron  co público asistente ideas e propostas para a valorización e dinamización deste potente recurso patrimonial localizado na contorna do Camiño de Santiago, así como das posibilidades de completar o proxecto orixinal. Compartimos con vós imaxes tomadas durante a conferencia.

 

 

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais