Proxectos > Coordinación do formulario para a candidatura á Lista do Patrimonio Mundial de UNESCO de Ribeira Sacra

Coordinación do formulario para a candidatura á Lista do Patrimonio Mundial de UNESCO de Ribeira Sacra

Ámbito de actuación: Ribeira Sacra

Cliente: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia

Temática: Consultaría. Patrimonio Mundial.

A coordinación e recollida da información necesaria para a redacción do formulario de candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial foi encargada a Crecente Asociados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en setembro de 2018.

A elaboración do Formulario seguiu as bases das Directrices Operativas da UNESCO para aplicar a Convención para a salvagarda do Patrimonio Mundial Cultural e Natural.

O seu desenvolvemento, coa colaboración de Ana Goy Diz como directora científica, nutriuse dos estudos desenvoltos por expertos de diversos ámbitos ao longo dos últimos anos; do material planimétrico e documental elaborado tanto por Crecente Asociados como pola propia Dirección Xeral do Patrimonio Cultural; e dun amplo proceso participativo.

O Consello de Patrimonio Histórico Español, reunido no Parador de Santo Estevo os días 4 e 5 de Abril de 2019, aprobou por unanimidade a Ribeira Sacra como nova candidatura española á Lista do Patrimonio Mundial, que será presentada ante a UNESCO en febreiro de 2020 e avaliada en 2021.

Culmina así un traballo que comezou en 1996 coa inscrición da Ribeira Sacra na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial e que se nutriu dun amplo traballo de investigación e participación, tendo como un dos seus principais fitos a declaración deste territorio como Ben de Interese Cultural na Categoría de Paisaxe Cultural en decembro de 2018.

Delimitación como Ben de Interese Cultural
Delimitación como Ben de Interese Cultural

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais