Novas > Creative Europe Culture

Creative Europe Culture

A petición da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), Crecente Asociados desenvolveu a proposta “Thermal Heritage of Europea Atlas - The First Drops” para o Programa Cultural Europa Creativa (EACEA 32-2017).

A proposta, que conta con 13 socios (EHTTA, como líder do proxecto, 11 das cidades termais mais representativas de Europa e unha empresa privada), ten 2 liñas estratéxicas principais: o desenvolvemento dunha base de datos de todos os recursos termais e a presentación de aspectos intanxibles do patrimonio termal cultural nalgúns dos eventos culturais mais recoñecidos celebrados en cada unha das cidades termais integradas no proxecto (de diversos campos da cultura como a ópera, o teatro, a música, danza ou arte).

Actualmente, a proposta está en avaliación por parte da Comisión Europea. Esperamos coñecer a decisión final antes do comezo do verán e poder compartir esas boas novas termais convosco.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais