Cuberta da cociña do Mosteiro de Montefaro
Recentemente instalamos a nova estrutura de cuberta da cociña do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro. A obra, promovida polo Concello de Ares e financiada con fondos da Deputación da Coruña, rehabilita o volume das antigas cociñas, reformadas polos militares a finais do século XIX.
Grazas ao replanteo mediante láser escáner e ao emprego de máquinas de corte de control numérico de Maderas Besteiro, a estrutura de madeira laminada adáptase perfectamente ás desviacións propias do edificio e a construtora, Obras Gallaecia, púidoa montar exactamente na súa posición final.
Agradecemos a profesionalidade de Adolfo, de Maderas Besteiro e do seu equipo, pola dedicación con esta pequena rehabilitación en dimensión pero grande de cara á posta en uso deste Mosteiro en Ares.