Novas > Documento base de incoación como Ben de Interese Cultural do Pazo de Lourizán

Documento base de incoación como Ben de Interese Cultural do Pazo de Lourizán

Crecente Asociados elaborou o documento base de incoación como Ben de Interese Cultural do Pazo de Lourizán, por encargo de Turismo de Galicia. Para a súa redacción atendeuse ao disposto no decreto 430/1991, do 30 de decembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula a declaración de Ben de Interese Cultural, e créase o Rexistro de Bens de Interese Cultural para Galicia.

O desenvolvemento dos traballos tivo como base a análise dos valores patrimoniais do conxunto desde unha perspectiva multidisciplinar, que tivo en conta o estudo histórico do ámbito e da súa contorna, o estudo arqueolóxico e a análise arquitectónica e urbanística.

O resultado permitiu propoñer a figura de Ben de Interese Cultural máis axustada aos valores do lugar, neste caso a de Monumento, así como definir unha delimitación concreta e exhaustiva do ámbito, e un contorno de cautela. O informe acompañouse dunha análise da situación xurídica e dunha recompilación de documentos gráficos.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais