Proxectos > ENCAIXE (Enerxía, Natureza, Calidade, Innovación, Xestión, Europea)

Ámbito de actuación: Costa da Morte

Cliente: Deputación da Coruña

Temática: Consultoría

Descrición:

Proposta enmarcada na "Costa da Morte" (municipios de Carnota, Dumbría, Mazaricos) para optar como proxecto financiable no programa Life+ da Unión Europea, que propón a integración da conservación da natureza e a produción de enerxía eléctrica. Partía da finalización da concesión da central de Ézaro, e suxería a posibilidade de compaxinar a recuperación de patrimonio industrial e o patrimonio natural afectado pola central orixinal, propoñendo á súa vez a Restauración ambiental do tramo final do río Xallas, a Recuperación do contorno da "Fervenza", a Rehabilitación do funicular da central e a Creación do sendeiro peonil do Xallas.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais