Novas > Encontro de cidades sobre a gobernanza do Turismo Urbano: Turismo Vacacional

Consultoría

Encontro de cidades sobre a gobernanza do Turismo Urbano: Turismo Vacacional

Como informabamos hai uns meses, o pasado 29 de setembro Crecente Asociados colaborou co Concello de Santiago de Compostela na organización da xornada Santiago Turismo Ordenado (STO). Durante a mesma déronse cita máis de 40 representantes do tecido social, e turístico da cidade para abordar as cuestións da capacidade de carga, a capacidade de acollida  e o papel das cidades como punto de encontro.

Continuado con esta liña de análise, tivemos a honra de participar, en representación do Concello, na segunda sesión do "Encontro de cidades sobre a gobernanza do Turismo Urbano: Turismo Vacacional", no que estiveron presentes representantes da FEMP e dos principais destinos urbanos españois.

O grupo de traballo reuniuse o 19 de xaneiro en Madrid na Feira Internacional de Turismo FITUR, un marco que invitaba á reflexión, pois mentres ao noso arredor centos de expositores aspiraban a atraer máis turistas, os participantes na sesión debatemos sobre os límites do fenómeno turístico e a súa regulación, en entornos protexidos, e sometidos a unha forte presión. 

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais