Proxectos > Encontro Patrimonio e Turismo: a Xestión. Problemática, retos e oportunidades

Patrocinadores: Consorcio de Santiago de Compostela

Organizador: Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)

Director: Mario Crecente Maseda. Arquitecto Superior

Secretario: Rafael Crecente Maseda. Enxeñeiro Agrónomo. Director Laborate USC

Áreas temáticas: Formación

Descrición:

Idea, Dirección e Organización dun ciclo de encontros a desenvolver en tres años sobre as relacións entre Patrimonio e Turismo. Neste terceiro ano, abordamos o estudo comparado de tres casos singulares do panorama internacional, como son o Santuario Histórico do Machu Picchu e o Camiño Inca, en Perú, a Semana Santa Sevillana, e o Camiño de Santiago, centrándonos no problema da xestión destes territorios, a capacidade de carga dos mesmos e as problemáticas, retos e oportunidades que supoñen o seu manexo turístico. Celebramos o encontro en Santiago de Compostela, nun ano previo ao próximo ano Xacobeo, do que se demanda un papel relevante no impulso económico ante a crise. Ten lugar o encontro no Hostal dos Reis Católicos, pleno de referencias ao Camiño, e exemplo no seu momento dunha actuación de activación dun recurso patrimonial para uso turístico. 23-25 setembro 2009

Ligazóns:   www.uimp.es

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais