Novas > Entrega no Ministerio de Cultura e Deporte do Formulario de Proposta de Inscrición da Ribeira Sacra na Lista do Patrimonio Mundial

Entrega no Ministerio de Cultura e Deporte do Formulario de Proposta de Inscrición da Ribeira Sacra na Lista do Patrimonio Mundial

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural entregou hoxe en Madrid o Formulario de Proposta de Inscrición da Ribeira Sacra na Lista do Patrimonio Mundial e os seus anexos correspondentes. A documentación aportada foi asinada polo Director General de Bellas Artes, D. Román Fernández-Baca Casares, e será enviada nas próximas semanas polo Ministerio de Cultura e Deporte ao Centro do Patrimonio Mundial para a súa valoración.

Culmina así unha fase mais do camiño para acadar o recoñecemento de Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial, froito do traballo desenvolvido nos últimos anos por un equipo multidisciplinar, liderado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e que contou con Juan Mario Crecente Maseda como coordinador do expediente e con Ana Goy Diz como directora científica.

Ademais, este mediodía celebrouse na Feira Internacional de Turismo Fitur, o acto de presentación da candidatura Ribeira Sacra, que contou coa participación do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e a Consellería de Cultura e Turismo. Durante o mismo, Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, comunicou a entrega da documentación no Ministerio de Cultura e Deporte e informou dos próximos pasos da candidatura, estando previsto que o resultado da avaliación se coñeza en xullo de 2021.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais