Novas > Entrevista a Mario Crecente no programa A Revista FDS (Televisión de Galicia)

Entrevista a Mario Crecente no programa A Revista FDS (Televisión de Galicia)

O pasado 28 de setembro, Mario Crecente foi entrevistado no programa A Revista FDS (Televisión de Galicia) con motivo da presentación do libro "Ourense, a Provincia Termal", do que é coordinador.

Mario Crecente presentou os distintos capítulos que compoñen a publicación e afirmou que o obxectivo final da mesma é animar aos diversos axentes  a dinamizar os recursos actualmente inactivos para o seu aproveitamento salutífero, cultural e/ou turístico.

Durante a entrevista repasáronse os principais logros acadados nos últimos anos no marco do Plan "Ourense, Provincia Termal" e se reflexionou sobre os grandes retos pendentes, entre os que salienta a necesidade de dotar á cidade de Ourense dun Hotel Balneario que consolide a súa condición de capital termal de Galicia. A entrevista completa está dispoñible no enlace . O libro en PDF está dispoñible na nosa sección "Publicacións".

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais