Novas > Entrevista sobre a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial para Cadena Ser

Entrevista sobre a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial para Cadena Ser

O 8 de decembro de 2019, Mario Crecente, coordinador da candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, concedeu unha entrevista a Luis Iglesias, para o programa  A vivir Galicia da Cadena Ser.

Neste audio está dispoñible o contido da mesma, no que se fai un repaso sobre o proceso seguido ata acadar a aprobación da candidatura por parte do Consello do Patrimonio Histórico Español e enuméranse os próximos pasos a seguir antes de coñecer a decisión final de UNESCO.

Na entrevista expóñense os criterios que xustifican o Valor Universal Extraordinario de Ribeira Sacra e faise referencia á fortaleza que supón a súa actual protección natural, cultural e paisaxística. A entrevista remata cunha reflexión sobre como evolucionou Ribeira Sacra desde 1996, ano ao que se remonta a orixe da candidatura.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais