Estudo da Capacidade de Carga do Santuario histórico de MachuPicchu
Ámbito de actuación: Santuario histórico MachuPicchu. Perú
Cliente: Organización Mundial del Turismo (OMT)
Temática: Consultoría
Descrición:
O obxectivo deste estudo era analizar a capacidade de carga do Santuario Histórico de MachuPicchu, en Perú. O traballo, encargado pola Organización Mundial del Turismo, pretende orientar a xestión do Santuario, principal recurso turístico do país, sometido ás presións provocadas polo incremento da demanda turística e as especiais condicións do conxunto, do seu contorno e da súa accesibilidade. Desenvolveuse en contacto cos diversos axentes implicados, públicos e privados, reunións en Madrid, Lima, Cuzco e o propio Santuario. Propuxo medidas directas de actuación para o mellor manexo diario do conxunto e unha estratexia a longo prazo sobre a base de un sistema de información xeográfico.