Proxectos > ESTUDO PREVIO PARA UNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRADA NO BARRIO DE LAS FLORES (PLAN GLOBAL DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA)

ESTUDO PREVIO PARA UNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRADA NO BARRIO DE LAS FLORES (PLAN GLOBAL DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA)

Planificación

Ámbito de actuación: A Coruña

Cliente: Concello da Coruña

Temática: Estudio previo. Urbanización e Planificación.

Crecente Asociados, en colaboración con On Arquitectos, realizou o ESTUDO PREVIO PARA UNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRADA NO BARRIO DE LAS FLORES (PLAN GLOBAL DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA).

O Barrio de las Flores é unha área desfavorecida dende o punto de vista social e económico con respecto ao resto da cidade, tratándose da peza máis valiosa e, ao mesmo tempo, máis degradada de toda a zona este coruñesa.

O estudo realizado ten un enfoque integrado e global, intervindo en diferentes dimensións da vida urbana (económicas, sociais, medioambientais e culturais) e favorecendo a cohesión e a dinamización da cidade. Está orientado a resolver as necesidades reais da súa poboación, establecendo os métodos de xestión apropiados.

As propostas parten dunha aposta radical por unha nova xestión da enerxía e a redución de emisións de CO2, de forma que poidamos falar dunha SOSTIBILIDADE REAL, que se traslade a través das actuacións suxeridas, tanto na rehabilitación das edificacións coma na rexeneración urbana, a vida social do barrio e dos seus habitantes para lograr unha SOSTIBILIDADE SOCIAL.

Mediante unha reestruturación comercial das edificacións, implantaranse diferentes negocios e talleres, abrindo o Barrio ao resto da cidade, fomentado a integración social e a igualdade de oportunidades, e impulsando o desenvolvemento do tecido económico e da creación de emprego.

Na intervención nos espazos públicos, perséguese tanto unha mellora das infraestruturas e servizos coma da accesibilidade e da mobilidade do conxunto. Respéctase e desenvólvese a protección dos elementos patrimoniais ou catalogados, coma o Camiño de Santiago, a Unidade Veciñal 03 e a Igrexa da Resurrección. Mediante unha adecuada xestión de residuos, potenciarase o contorno natural e a súa calidade medioambiental.

A rehabilitación das vivendas estará orientada a fomentar un uso máis eficaz da enerxía e a resolver os problemas de accesibilidade das mesmas, sempre baixo o asesoramento dunha oficina de xestión e asistencia técnica. Para unha maior eficiencia enerxética, suxírese a renovación da envolvente térmica dos edificios, o uso de caldeiras de condensación e/ou biomasa, a instalación de luminarias de baixo consumo con detector de presenza nas zonas comúns, e contadores intelixentes, ademais dunha unidade de produción global de enerxía solar.

Mediante unha reestruturación comercial das edificacións, implantaranse diferentes negocios e talleres, abrindo o Barrio ao resto da cidade, fomentado a integración social e a igualdade de oportunidades, e impulsando o desenvolvemento do tecido económico e da creación de emprego.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais