Novas > European Cultural Heritage Summit "Sharing Heritage, Sharing Values"

European Cultural Heritage Summit "Sharing Heritage, Sharing Values"

Mario Crecente, como vicepresidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), asistiu ao European Cultural Heritage Summit, celebrado en Berlín entre o 18 e o 24 de xuño.

O evento, considerado como un dos actos clave do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, tivo como obxectivo promover unha ambiciosa Axenda Europea e un Plan de Acción para o Patrimonio Cultural.  Un amplo número de representantes de institucións da UE, Estados membros e organizacións da sociedade civil de toda Europa estiveron presentes no encontro.

Ademais doutros actos, como a feira de excelencia patrimonial ou a cerimonia do Premio da UE para o Patrimonio Cultural / Premios Europa Nostra 2018, presentouse o "Berlin Call to action, Cultural Heritage for the Future of Europe”.  Este documento alenta os "Estados membros, rexións e cidades en Europa a continuar desenvolvendo políticas e plans de acción holísticos e ambiciosos para o patrimonio cultural".

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais