Novas > European Cultural Forum

Consultoría

European Cultural Forum

Na edición 2017 do Foro Europeo da Cultura (Milán, 7-8 de decembro) lanzouse oficialmente o Ano Europeo do Patrimonio Cultural (EYCH2018) nunha sesión dirixida por Tibor Navracsics, Comisario Europeo de Educación, Cultura, Xuventude e Deporte.

Ademais, o programa incluíu tres sesións plenarias sobre temas relacionados coa cultura en Europa (Patrimonio cultural: o corazón latente de Europa? Retos para a cultura en Europa e Cultura en cidades e rexións), así como sesións de traballo paralelas específicas.

Mario Crecente, como Vicepresidente do Comité Científico da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais asistiu a este evento. Compartimos convosco un vídeo da súa intervención e algunhas fotos do Foro.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais