Novas > European Historic Thermal Towns Association: Presentación en Bruxelas

European Historic Thermal Towns Association: Presentación en Bruxelas

O 8 de maio, Mario Crecente, como Vicepresidente do Comité Científico da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), presentou a asociación, os seus obxectivos e os seus principais proxectos a un dos membros do Gabinete do Comisario Carlos Moedas.

Durante a súa presentación, Mario Crecente falou sobre a creación de EHTTA en 2009 e como esta plataforma ten medrado nos últimos anos ata agrupar actualmente a 42 membros (activos, asociados e internacionais) en 15 países. Todos eles teñen un compromiso común coa valorización do Patrimonio Termal, considerado unha das pedras angulares da cultura europea.

A comprensión deste fenómeno está nos seus inicios e un análise completo do mesmo requirirá datos estandarizados dixitalizados e accesibles. Neste contexto, EHTTA promove a creación do Thermal Heritage of Europe Atlas, que conterá todos os datos coñecidos relacionados coa cantidade, calidade e valor do Patrimonio Termal.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais