Novas > Fairway

Formación

Fairway

Entre os días 12 e 14 de novembro tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela) a segunda edición de Fairway, o II Forum do Camiño de Santiago (http://www.fairwaysantiago.com). 

Crecente Asociados encargouse de coordinar o Congreso, seleccionando as temáticas a tratar e os oradores máis indicados para abordalas.

Como resultado, organizáronse cinco paneis temáticos (Camiño de Santiago: 30 Anos do primeiro Itinerario Cultural; A xestión pública coordinada do Camiño, é posible?, Accesibilidade no Camiño; Outros Itinerarios Culturais: espellos y reflexos e Retos do Camiño: da tradición á contemporaneidade), que nos permitiron coñecer as estratexias e actuacións que recentemente teñen sido emprendidas en torno ao Camiño e outras rutas culturais desde diferentes ámbitos de acción. Estes paneis, foron complementados por sesións maxistrais e presentacións, que nos proporcionaron unha visión teórica e práctica sobre diversos aspectos culturais e/ou turísticos relacionados cos Camiños de Santiago.

Como estratexia de participación, e en base ás ideas analizadas durante os paneis, organizáronse mesas de debate, co obxectivo de alentar a creatividade, a cooperación e a coordinación entre actores públicos e privados que desenvolven a súa actividade cotiá arredor das distintas rutas do Camiño de Santiago.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais