Novas > Finalización das obras de acondicionamento do Cabido para Sala de Interpretación do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro en Ares (A Coruña)

Finalización das obras de acondicionamento do Cabido para Sala de Interpretación do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro en Ares (A Coruña)

No mes de decembro finalizaron as obras de acondicionamento do Cabido do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro  para albergar a Sala de Interpretación do conxunto, que se coñecerá como “Cabido de Montefaro”.

O proxecto básico e de execución foi realizado polo noso equipo para a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Esperamos que a actuación proxectada sirva para que o visitante comprenda mellor a historia do lugar, a evolución da igrexa desde a súa orixe gótica ata a reforma militar de finais do século XIX – principios do século XX e poda observar algunhas das pezas que compoñían a antiga portada románica.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais