Novas > futuro para o territorio: Paisaxes Culturais, Xestión Rural e Sistemas de Información Xeográfica

futuro para o territorio: Paisaxes Culturais, Xestión Rural e Sistemas de Información Xeográfica

Os días 8 e 9 de novembro, por encargo da Fundación  Juana de Vega, Crecente Asociados organizou o Workshop: “Un futuro para o territorio: Paisaxes Culturais, Xestión Rural e Sistemas de Información Xeográfica”.

A estas xornadas, impartidas no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, acudiron tanto especialistas internacionais como expertos locais. Todos eles con perfís moi distintos co fin de enriquecer o debate e abordar os problemas presentados dende unha perspectiva transversal e  multicriterio.

A xestión do medio rural, a despoboación, así como o papel das novas tecnoloxías na protección da paisaxe, foron os temas clave sobre os que se realizaron presentacións, debates, e visitas para unha mellor comprensión do territorio. Compartimos algunhas fotos do evento.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais