Novas > Horizonte 2020

Horizonte 2020

A Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) persegue fomentar, protexer e mellorar o patrimonio termal en toda Europa. Sobre a base dos seus principios e valores, EHTTA encargou a Crecente Asociados a preparación e presentación da proposta " thermal heritage of europe network (the network)" ao Programa Horizonte 2020 (SC5-19-2018: "Rede internacional para promover a innovación e diplomacia do patrimonio cultural”)

O obxectivo de "the network" é a protección e valorización do patrimonio termal, baseado na investigación dos datos e coñecementos existentes, das boas prácticas e dos exemplos de resiliencia repartidos ao longo da Unión Europea, o Consello de Europa e a nivel mundial. O consorcio está formado por 10 actores, en 8 países, e abrangue desde grupos de investigación e asociacións, ata axentes públicos e privados, incluídas ONGs.

Despois do verán saberemos o resultado do proceso de avaliación. Esperamos que teña éxito e poder así desenvolver unha acción coordinada que contribúa a unha protección e preservación máis extensa do patrimonio termal, e a un uso óptimo do seu potencial de innovación para o desenvolvemento sostible.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais