Conferencia HTI 2017
Do 28 de febreiro ao 2 de marzo celebrouse en Rovinj (Croacia) a Conferencia HTI 2017, o punto de encontro máis importante para a industria do turismo de saúde en Europa Central e Sudoriental.
O evento foi organizado en colaboración coa Cámara de Economía de Croacia e baixo o auspicio do Presidente de Croacia, o Ministerio de Turismo e o Ministerio de Saúde.
Ademais doutras moitas organizacións públicas e privadas (como a Comisión Europea, a Comisión Europea de Viaxes ou a Asociación de Turismo Médico), tamén estivo presente a Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA).
Como Vicepresidente do Comité Científico de EHTTA, e director de proxecto do atlas, Mario Crecente presentou o proxecto Atlas Termal de Europa o 1 de marzo. Compartimos algunhas fotos do evento.