Novas > As idades da Auga: As Augas construtoras das Paisaxes

Formación

As idades da Auga: As Augas construtoras das Paisaxes

Entre o 3 e o 7 de abril celebrarase na Eurocidade Chaves-Verín o Workshop internacional "As IDADES DA AUGA. As augas construtoras de paisaxes", organizado pola Escola Galega da Paisaxe e coa participación de Mario Crecente como coordinador.

O Seminario abordará unha reflexión multidisciplinar sobre o territorio e os recursos do lugar, o papel do termalismo e a paisaxe como obxectos de investigación, e a formulación de propostas para a xestión e ordenación territorial de Chaves- Verín, contando coa participación de profesores expertos en diversas materias.

Animámosvos a consultar o programa e as condicións de inscrición nesta ligazón.

http://juanadevega.org/es/lineas/escuela/formacion/cursosjornadas/workshop-internacional-as-idades-do-auga-as-augas-construtoras-de-paisaxes/

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais