Lectura de Paramentos do Castelo de Pambre
Realizamos a Lectura de Paramentos do Castelo de Pambre, complementaria ao proceso de execución das obras, definidas no Proxecto básico e de execución de rehabilitación do Castelo de Pambre (Palas de Rei – Lugo), baixo a dirección de Fernando Cobos, e coa colaboración do noso compañeiro na dirección de obra Jorge Salvador.
A información que se manexa é a obtida a través de fotografías aéreas realizadas con microdrone, levantamento topográfico con GPS e estación total, medición con láser escáner e ortofotos, realizados polo SIT e a USC. Sobre esta base de medición, realízanse planos de detalle de cada un dos paramentos, que permiten levar a cabo coa precisión necesaria estas análises.
Este informe propón unha interpretación das fases construtivas do primeiro recinto do Castelo, establecendo unha secuencia cronolóxica a partir da contextualización histórica da lectura estratigráfica dos seus paramentos. Como punto de partida establécese a análise arquitectónica do castelo, en tres ámbitos, mediante a lectura de unidades estratigráficas, de sistemas estruturais asociados a fábricas, e funcional.
O resultado ofrece unha visión completa da evolución da fortificación, e abre a vía para novas interpretacións dos seus usos, e arquitecturas, que se plasmará na visita do recinto.