Novas > Maio, mes das flores, mes do Barrio

Maio, mes das flores, mes do Barrio

En maio, mes das flores, quixeramos lembrar a figura de Antonio Lagares Canosa, quen coa súa plantación encheu de arrecendo e cor a ladeira do que hoxe é, precisamente, o Barrio das Flores. Antonio Lagares Canosa foi, ademais de concelleiro da Coruña entre 1931 e 1936, o artífice da maior plantación floral da cidade que, remataría por se converter no berce dunha das empresas de referencia do sector en Galicia, Flores Consuelo Obdulia.

Os seus netos conservan todas as anotacións sobre as plantacións de comezos do século XX, con indicación de sémolas, datas e fincas. Isto, xunto ás fotografías e lembranzas do seu avó, ben fan a Antonio Lagares Canosa merecedor desta pequena homenaxe, escrita desde o recuncho da cidade que el mesmo cultivaba hai cen anos.

O Barrio das Flores segue a florecer cada primavera, deleitando a todos os veciños e veciñas que paseamos polos seu Parque e espazos verdes, auténticos privilexiados de ter a natureza aos pés das nosas casas e os nosos traballos.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais