Novas > O premio de boas prácticas do Acordo Parcial Ampliado sobre os Itinerarios Culturais do Consello de Europa recoñece o Día Europeo do Patrimonio Termal

O premio de boas prácticas do Acordo Parcial Ampliado sobre os Itinerarios Culturais do Consello de Europa recoñece o Día Europeo do Patrimonio Termal

Entre o 2 e o 4 de outubro de 2019 celebrouse en Silbiu (Romanía) o Foro Anual Consultivo dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa. Neste marco tivo lugar a entrega de premios "Boas prácticas en Turismo Cultural nos Itinerarios Culturais do Consello de Europa", co obxecto recoñecer exemplos de referencia en materia de turismo cultural e desenvolvemento cultural sostible.

A Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA, polas súas siglas en inglés) foi premiada pola conmemoración do Día Europeo do Patrimonio Termal. A creación deste evento, celebrado cada ano o 12 de outubro, foi idea de Mario Crecente, vicepresidente do Comité Científico de EHTTA. A súa instauración tivo lugar en 2018, coincidindo co Ano Europeo do Patrimonio Cultural, co obxectivo de recoñecer o Patrimonio Termal como un fenómeno especificamente europeo.

Nas súas dúas edicións (Budapest en 2018 e Spa en 2019) o Día Europeo do Patrimonio Termal estivo estruturado nunha inauguración oficial, seguida dunha serie de conferencias e dúas mesas redondas. Neste escenario preséntase cada ano un estudo específico coordinado polo Comité Científico de EHTTA: "Thermal Tourism and Spa Heritage in Europe. The case of EHTTA", obra de Mario Crecente Maseda, Silvia González Soutelo e Paul Simons (2018) e "What'spa? SPA: A concept to be re-defined" da autoría de Mario Crecente Maseda, Mónica Carballo Neira e Paul Simons (2019). Ambos están dispoñibles para descarga nesta web, na sección "Publicacións".

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais