Novas > Plan de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma en Chantada

Plan de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma en Chantada

O pasado 18 de novembro tivemos ocasión de presentar o Plan de Ordenación do Medio Físico (POMF) de San Fiz de Asma á poboación local, viticultores e administracións nunha visita á zona. Acompañando á Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e á Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo María Encarnación Rivas puidemos dar conta dos avances realizados no Plan, que dende o día 4 de novembro e ata o 12 de xaneiro do vindeiro ano 2021, se atopa en período de consultas de cara a alcanzar a Avaliación Ambiental Estratéxica.

O POMF tentará ser un documento de referencia para planificar as accións de protección, conservación e mellora dunha paisaxe privilexiada da Ribeira Sacra como é a ribeira da parroquia de San Fiz de Asma en Chantada.

Combinará a protección do patrimonio natural e cultural deste ámbito co mantemento dunha economía baseada na viticultura.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais