Proxectos > Plan de Turismo do Ano Santo Lebaniego 2017

Plan de Turismo do Ano Santo Lebaniego 2017

Proyectos

Con ocasión do Ano Santo Lebaniego 2017, o Goberno de Cantabria encargou a Crecente Asociados a redacción dun plan de dinamización, desenvolvemento e promoción do turismo.

O traballo desenvolto, denominado “Plan de Turismo do Ano Santo Lebaniego 2017: Unha porta ao interior”, persigue contribuír ao desenvolvemento e consolidación de Liébana como destino turístico e centro de peregrinacións, e ao tempo (e con motivo de tal celebración) traballar dende a escala local cara á global para promover o conxunto dos recursos de Cantabria.

A partir dos resultados do Análise e da Diagnose previos, o Plan resultante xira en torno a tres eixos fundamentais, cada un subdividido en programas e liñas de actuación concretas.

O primeiro dos eixos, “VALORIZACIÓN”, oriéntase a protexer e consolidar o fundamento do propio Plan, o Camiño e o seu territorio. Para elo articuláronse os seguintes programas: Delimitación, Recoñecemento, Investigación, Territorialización e Prospectiva.

O segundo eixo, “INTERVENCIÓN”, está destinado ao mantemento, mellora e recuperación de aqueles recursos de diversa índole (arquitectónicos, naturais, culturais ou turísticos) que precisan de actuacións de mellora e conservación. A tal fin, os programas deseñados foron: Revitalización do Camiño, Creación de infraestrutura turística, accesos e Creación de infraestrutura cultural.

O derradeiro dos eixos, “DINAMIZACIÓN”, avoga por activar os recursos, a través dun Turismo Sostible, que siga os principios de “WHS+ST” da Unesco e da OMT dotándoos dun valor e comunicándoos de forma adecuada. Para impulsar este eixo creáronse 5 programas: Diversificación da oferta turística, Promoción, Comercialización, Información e Establecemento de alianzas.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais